Skip to main content
Primer Equipo

O corazón do racinguismo

O Racing quere brindar unha vitoria a Álex López no día da súa despedida

There are no reactions yet. Be the first!

O racinguismo está presto para vivir mañá un día histórico. Unha semana despois de que se anunciase o adiós do noso capitán, Álex López, A Malata prepárase para brindarlle un merecido recoñecemento consciente de que, máis aló de loas, agasallos e aplausos, o mellor homenaxe posible será, sen dúbida, brindarlle a vitoria.

Para iso traballou con empeño a plantilla durante a última semana, preparando con esmero a visita do CD Castellón. Nin o intempestivo do horario -14.00 horas-, nin a mala previsión meteorolóxica deben desmerecer esta cita ineludible pola carga emocional que acarrea pero, sobre todo, vital pola importancia dos tres puntos en xogo. E é que, tras gañar a comezos de semana en Valencia, ao Racing tócalle facerse forte no seu feudo para reengancharse ao campionato. Gañar, ademais de acarrear a segunda vitoria consecutiva, permítenos recortar distancias co noso rival, que na actualidade nos aventaxa en sete puntos.

O CD Castellón chega a Ferrol tras encadear seis derrotas seguidas e tras cambiar recentemente de adestrador. Un dato estatístico enganoso pois os orelluts son un equipo compacto, competitivo, que comezou a competición de forma fulgurante e que é capaz de xerar moito perigo.

O duelo suporá tamén o estreo en casa de Alejandro Menéndez e do seu segundo, Carlos Salvachúa, no banco de A Malata. O técnico contará para este choque coas baixas coñecidas de Brais Martínez e Álvaro Giménez. Como novidades, o posible debut dos últimos reforzos en chegar: Emanul Insúa e Heber Pena, cuxo regreso a casa é, sen dúbida, a "guinda" deste emotivo partido.

Por parte do CD Castellón, Johan Plat contará coas ausencias de Cámara, Jetro Willems e Calavera.

CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Naim García, Rober Correa, Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Heber, Jáuregi, Señé, Nacho, Insúa, Yoel, Gelardo, David Castro, Dorrío, Brais Martínez, Manu Vallejo, Raúl Blanco, Aitor Buñuel, Erick, Luis Perea, Jesús Ruiz e Carballo.

Homaxe a Álex López

Tivo unha semana realmente emotiva Álex López, que durante os últimos días recibiu innumerables mostras de afecto do racinguismo e do fútbol español. Un recoñecemento que queremos brindarlle en primeira persoa na súa casa, en A Malata. Para iso animámosvos a que no minuto 8 vos sumedes a esa proposta espontánea de dedicarlle un cerrado aplauso. Tamén vos pedimos que non vos movades dos vosos asentos durante o descanso para sumarvos ao recoñecemento institucional do que, por agora, non queremos desvelar moitos detalles.

Skip to next section