Skip to main content
Primer Equipo

Non é un adeus, é un ata logo.

Nos despedimos da LALIGA Hypermotion esta tarde ante o Real Sporting

There are no reactions yet. Be the first!

Fai case dous anos, A Malata reencontrouse co fútbol profesional nun partido memorable ante o Real Sporting, e esta tarde, nun tráxico xiro do destino, o equipo asturiano tamén nos acompañará na nosa despedida de LaLiga Hypermotion. Ás 16.15 horas arrinca unha confrontación que non queremos converter nun adeus, senón nun esperanzado ata logo. Hoxe é un día triste para todos os racinguistas. Un día amargo que polo menos queremos endulzar con goles, un triunfo e a promesa dun futuro alentador.

Ademais das coñecidas baixas dos lesionados Raúl Blanco, Aitor Buñuel, Luis Perea e Erick Cabaco, o Racing contará coas ausencias dos sancionados David Castro e Aleksa Purić. Moitos contratempos aos que teremos que facer fronte nun duelo que traerá despedidas, pero tamén, tal e como avanzou o técnico Alejandro Menéndez na previa do choque, o debut en partido oficial de liga do noso porteiro Emilio Bernad.

CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Naim, Rober Correa, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Heber, Jáuregi, Señé, Nacho Sánchez, Insúa, Yoel, Aitor Gelardo, Fran Manzanara, Dorrio, Brais Martínez, Manu Vallejo, Álvaro Giménez e Jesús Ruiz.

Homenaxe

Nos prolegómenos do encontro, aproveitaremos para render un merecido homenaxe aos integrantes dos nosos equipos Xuvenil A, Cadete A e Infantil B, que este ano conseguiron o ascenso de categoría. Xogadores e técnicos serán os protagonistas no arranque do choque, recibindo o recoñecemento da entidade e de todo o racinguismo.