Non afrouxamos nin un ápice
As matemáticas suxéitannos á esperanza
Mentres haxa un só punto en xogo, mentres quede unha posibilidade de acadar a permanencia, o Racing vai a aferrarse ás súas opcións para tratar de fuxir dos postos de descenso. O equipo que dirixe Alejandro Menéndez espera dar ese primeiro paso mañá, a partir das 21.00 horas, na súa visita ao Estadio Novo Los Cármenes. Alí o espera un Granada CF ao que catro xornadas sen coñecer a vitoria o alejaron dos postos altos da clasificación. Unha circunstancia que, sen embargo, non empaña a traxectoria dun dos firmes candidatos a loitar por regresar á máxima categoría. O seu último traspié no derbi andaluz fai dos de Escribá un adversario especialmente dolido que non fará nin a máis mínima concesión.
No Racing Club Ferrol, Alejandro Menéndez non poderá contar nin con Luis Perea, con molestias nun tornozelo; nin con Erick Cabaco, que aínda non se recuperou dos problemas no bíceps femoral que o tiveron afastado dos terreos de xogo nas dúas últimas semanas; nin con Nacho Sánchez, cunha contusión nunha costela. Tampouco estará o sancionado Josep Señé. Polo contrario, regresan á convocatoria tanto Nacho Sánchez como Rober Correa, este último tras cumprir un partido de sanción.
Nas filas do Granada CF, Kamil Jozwiak, Luca Zidane e Miguel Ángel Brau están lesionados e Stoichkov sancionado, polo que Escribá tamén deberá recompoñer o seu once.
CONVOCATORIA: Bernad, Naim, Correa, Puric, Naldo, Sanz, Chiki, Heber, Jauregi, Insúa, Yoel, Gelardo, David Castro, Fran Manzanara, Dorrío, Brais Martínez, Vallejo, Álvaro Giménez, Raúl Blanco, Buñuel e Jesús Ruiz.