Naldo, de novo "Xogador Estrela Galicia"
Por terceira vez consecutiva, o defensa foi elixido polos nosos seguidores como o máis destacado do último mes.
De novo Naldo foi elixido polos afeccionados do Racing Club Ferrol como o xogador máis destacado do último mes. O futbolista brasileiro leva o premio "Estrela Galicia de Decembro" co 44,2% dos votos dos nosos seguidores por diante de Aitor Gelardo e Aitor Buñuel, que tamén optaban ao galardón.
O defensa recibe este recoñecemento por terceiro mes consecutivo, ratificando que a súa solvencia non pasou desapercibida para o público. Sempre modesto, Naldo agradeceu á afección o recoñecemento, do que fixo partícipe aos seus compañeiros: "Sen eles non podería dar sempre a miña mellor versión".
Nas súas afectuosas palabras para os seguidores verdes tamén fixo referencia a ese apoio incondicional que nos proporcionan e que el cualifica de "fundamental". "Que estea preto a afección nestes momentos nos que temos que sumar é moi importante