Skip to main content
Primer Equipo

Miquel Parera, solidez para a portería racinguista

O porteiro balear procede do Real Racing Club, no que militou nas últimas catro tempadas.

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol chegou a un acordo con Miquel Parera Pizà (Manacor, 1996) para que o porteiro balear se incorpore á disciplina do club. O gardameta procede do Real Racing Club de Santander, equipo no que militou nas catro últimas campañas tanto en Primeira Federación como en LaLiga Hypermotion.

Parera estreouse a nivel sénior no filial do RCD Mallorca, na entón Segunda División B, na tempada 2014/15. Tres tempadas despois deu o salto ao primeiro equipo, co que chegou a estrear en Primeira División.

Na tempada 2021/22, Miquel Parera enrolouse nas filas do Real Racing Club, co que esa tempada logrou o ascenso a Segunda División, categoría na que se consolidou a campaña seguinte, na que disputou 37 partidos.

Parera ten experiencia tanto no fútbol profesional como en Primeira RFEF e Segunda B. Entre as tres competicións acumula 100 partidos e case 9.000 minutos.

Miquel Parera é un porteiro con grandes reflexos baixo paus, rapidez nos desprazamentos e a suficiente visión de xogo como para ser tamén unha importante axuda para o equipo no xogo ofensivo. A súa seguridade, experiencia, conexión e consistencia no xogo convérteno nunha gran aposta baixo paus.

¡Benvido a Ferrol, Miquel! ¡A Malata agárdache!