Skip to main content
Primer Equipo

Miguel Leal únese ao proxecto do Racing

O futbolista procede do Nàstic, co que recentemente disputou a fase de ascenso a LALIGA Hypermotion.

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol chegou a un acordo con Miguel Leal (Villarreal, 1997) para a súa incorporación ao equipo departamental de cara á campaña que se aveciña. O futbolista, que ocupa a demarcación de lateral dereito, procede do Nàstic de Tarragona, co que disputou a fase de ascenso a LaLiga Hypermotion.

O futbolista conta cunha notable traxectoria e acumula máis de 130 partidos e 10.300 minutos entre Segunda División e 1ª RFEF/2ª B. Os seus primeiros pasos futbolísticos deunos na canteira do Villarreal, onde desenvolveu boa parte da súa carreira. Co primeiro equipo do "submarino amarelo" chegou a ir convocado en varios partidos. Tamén logrou o ascenso co seu filial a LaLiga Hypermotion na campaña 21/22. Fixoo xusto despois dunha experiencia internacional no Groningen, da Eredivisie, a máxima categoría de Países Baixos.

Nas dúas últimas tempadas, Miguel Leal defendeu a camisola do FC Andorra, co que o Racing coincidiu hai dúas campañas, e, máis recentemente, a do Nàstic de Tarragona. O lateral chegou ao conxunto catalán no mercado de inverno e converteuse nun dos fixos na mellor etapa dos tarraconenses, que os levou a lutar polo ascenso.

Polivalente, con gran capacidade física, Miguel Leal é un sólido defensor que, ademais, destaca pola súa proxección ofensiva.

Miguel, o Racing e Ferrol esperanche con ilusión.
¡Benvido á familia!