Skip to main content

David Carballo xogará cedido no Real Valladolid Promesas

O xogador estará en préstamo no equipo pucelano ata final de tempada

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol chegou a un acordo co Real Valladolid e con David Carballo para que o futbolista pontés xogue cedido ata final de tempada no Real Valladolid Promesas.

A cesión de David Carballo ao Real Valladolid Promesas responde á vontade do club de facilitar un escenario óptimo para o seu crecemento deportivo. A posibilidade de competir nun entorno esixente e de forma regular permitirá ao xogador seguir desenvolvendo o seu potencial, gañar experiencia e afrontar novos retos competitivos dentro do seu proceso de formación como futbolista profesional.

Desexámoslle a David moita sorte e grandes éxitos nesta nova etapa.