Markel Artetxe convértese en xogador do Racing Club Ferrol
O central vasco, procedente do Barakaldo CF, destaca pola súa contundencia, rapidez e capacidade de anticipación nos duelos.
Markel Artetxe Artetxe (Eibar, 1999) vestirá a camiseta racinguista a próxima tempada. O central vasco chega procedente do Barakaldo CF, equipo no que xogou as tres últimas tempadas e onde gañou o respecto da afección gualdinegra grazas á súa profesionalidade e entrega.
Formado nas categorías inferiores do Eibar, Markel pasou polo filial armero antes de fichar polo Barakaldo CF na tempada 2022/23. Co conxunto biscaíño logrou dous ascensos de categoría e consolidouse como titular, tendo un papel destacado na última campaña en Primeira Federación. Durante a pasada tempada, disputou 33 partidos, entre eles o de Copa do Rei ante o Racing en Lasesarre, e anotou un gol.
Trátase dun central que destaca pola súa serenidade, o seu bo desprazamento de balón, e a súa capacidade para anticiparse, así como pola súa rapidez e contundencia, cualidades que lle permiten impoñerse nos dúelos defensivos.
Markel, agardamos que atopes no Racing e en Ferrol o entorno ideal para seguir medrando como futbolista.
¡Benvido! Ongi Etorri!