Skip to main content

JRilo prolonga o seu compromiso co club

A corporación ferrolá protagonizará o partido patrocinado do venres

There are no reactions yet. Be the first!

Nos últimos anos, o proxecto racinguista medrou e fortaleceuse grazas ao apoio de aliados como o Grupo JRilo, cos que nos une unha estreita, longa e, sobre todo, frutífera relación. Esta mañá, o presidente do club, Manuel Ansede, puido agradecer en persoa a Luis Rilo, CEO da firma, ese apoio durante o acto de presentación do partido patrocinado do que será protagonista con motivo da visita, o venres, a A Malata do Celta Fortuna.

O mandatario tivo palabras de afecto e recoñecemento por esta empresa, coa que compartimos unhas sólidas raíces arraigadas a Ferrolterra, e que leva anos apostando de forma incondicional polo Racing, independentemente da categoría ou dos nosos éxitos deportivos. Neste tempo, postulouse como un aliado eficiente que sempre nos tendeu a man con dilixencia cando necesitamos axuda, axudándonos a solucionar problemas concretos que se nos presentaban no día a día.

Manuel Ansede, ademais, recoñeceu que nos sentimos moi identificados e aliñados cos valores dunha firma que tivo a ambición necesaria para expandirse tanto xeograficamente como a través de novas liñas de negocio, sen renunciar á súa esencia familiar.

Para Luis Rilo, a aposta da súa empresa polo deporte local e polo Racing é algo “natural”, froito do seu cariño cara “a cidade e Ferrolterra”. Nese contexto, ve a aposta do Grupo Élite polo club como “un proxecto a longo prazo e con moita ilusión que está na liña do que a comarca está vivindo”.

Como protagonista deste partido patrocinado, Grupo JRilo contará, entre outras contraprestacións, cunha maior visibilidade en soportes físicos e dixitais, tanto no estadio de A Malata como nas redes sociais oficiais do club.