O gardameta, de 21 anos, adestrará baixo as órdenes do corpo técnico do primeiro equipo, pero competirá coa UD Somozas
O Racing Club Ferrol incorpora ao seu cadro a Jan Danés, procedente da UE Olot, para sumarse ao proxecto do conxunto verde. Aos seus 21 anos, afronta un novo reto na súa traxectoria deportiva co obxectivo de continuar medrando baixo a disciplina racinguista. O porteiro catalán realizará a pretempada e adestrarase habitualmente baixo as ordes do corpo técnico do primeiro equipo, ao tempo que competirá durante a tempada 2026/27 na UD Somozas, dentro do acordo de colaboración entre ambas entidades.
Danés é un porteiro con boas condicións físicas, unha destacada presenza baixo paus e capacidade para intervir tanto en accións de reflexos como en situacións de un contra un.
Natural de Xirona, completou a súa formación nas categorías inferiores do Girona FC antes de iniciar unha nova etapa na UE Olot durante o verán de 2024. Alí continuou a súa evolución en categoría nacional, acumulando experiencia competitiva e consolidando a súa progresión como un dos mozos porteiros con proxección do fútbol catalán.
A incorporación de Jan Danés responde á aposta do Racing Club Ferrol polo desenvolvemento de mozos futbolistas con proxección, facilitando a súa evolución mediante o traballo diario co primeiro equipo e a acumulación de minutos oficiais na UD Somozas.
Dende o club dámoslle a benvida e desexámoslle moito éxito nesta nova etapa da súa carreira deportiva.