Skip to main content
Primer Equipo

Gracias Álex, eterno CAPITÁN

There are no reactions yet. Be the first!

Coa emoción á flor da pel, rodeado dos seus compañeiros e persoal do club e acompañado do Director Xeral do Racing, Carlos Mouriz, Álex López despediuse onte da familia racinguista facendo o que mellor sabe: unha oda ao racinguismo e ao que este supón para Ferrol e a súa comarca.

Fíxoo nunha concorrida rolda de prensa na que aproveitou para repasar a súa carreira, agradecer a todos os que xogaron un papel fundamental na súa traxectoria e recordando o que para un neno como el, forxado neste club, supuxo portar a camiseta verde.

Ser do Racing é un sentimento. Tentarei seguir sumando desde o outro lado e, sobre todo, seguirei sentíndome orgulloso do que é ser racinguista e ferrolán e iso non vai cambiar para min.

Álex López, que seguirá estreitamente vinculado ao club e ao proxecto, garantiu que seguirá traballando desde o posto no que sexa máis útil para que o Racing Club Ferrol siga crecendo. 

Na súa despedida, quixo doar á entidade unha das últimas camisetas coas que xogou na súa despedida ante o Real Racing Club coa confianza de que, no futuro, poida formar parte dun ansiado museo do Racing Club Ferrol.