Gañadores do concurso Nadal e Deporte'25
There are no reactions yet. Be the first!
O tradicional concurso de debuxo "Nadal e Deporte" que organiza a Fundación Racing Club Ferrol xa ten gañadores. En base ás vosas votacións da última semana, os galardoados nesta edición de decembro de 2025 son:
- PRIMEIRO PREMIO: Álex Ramírez Momán (CPR Sagrado Corazón)
- SEGUNDO PREMIO: Enol Rouco (CEIP Ledicia)
- TERCEIRO PREMIO: Gael Polo Díaz (CEIP Esteiro)
Un ano máis, non podemos máis que agradecer aos máis de catrocentos alumnos e alumnas, todos eles de 4º de Infantil, que participaron no certame. Tamén a todos vós, que nos axudastes a elixir cos vosos votos aos premiados.
Todos eles estarán o domingo na Malata para, no descanso do partido ante o Unionistas de Salamanca, recibir os seus galardóns.