Skip to main content

Venda de entradas para o partido do sábado en Talavera

There are no reactions yet. Be the first!

Xa están á venda as entradas para a bancada visitante de cara ao partido correspondente á 26.ª xornada da Liga Versus E-Learning de Primeira Federación, que o próximo sábado, ás 14:00 horas, disputará o Racing no estadio El Prado.

As localidades poderán adquirirse soamente de forma presencial nas oficinas de A Malata, en horario de 10:00 a 16:30 horas, de luns a xoves, e de 10:00 a 12:00 horas o venres.

O prezo é de 15 € para adultos e 8 € para nenos entre 5 e 17 anos. Os menores de 5 anos poderán acceder de forma gratuíta e sen necesidade de retirar entrada, pero non poderán ocupar asento.

Para a súa adquisición é necesario achegar o nome completo e DNI da persoa que vaia facer uso da localidade.