Finaliza a etapa de Ekain Azkune como racinguista
A entidade e o dianteiro acordaron poñer fin á relación contractual que mantiñan
There are no reactions yet. Be the first!
A etapa de Ekain Azkune no Racing Club Ferrol chegou ao seu fin despois do acordo acadado entre ambas as partes para resolver a vinculación contractual que os unía.
O dianteiro guipuscoano incorporouse á entidade o pasado mercado de inverno e, desde entón, defendeu a camiseta racinguista con profesionalidade e compromiso durante a súa estadía en Ferrol.
O Racing Club Ferrol quere agradecerlle o seu traballo e a boa actitude amosada desde a súa chegada ao club, desexándolle o maior dos éxitos, tanto no ámbito deportivo como no persoal, para a nova etapa que agora emprende.