Skip to main content

Éxito de recadación no Memorial Moncho Rivera

O CD Tondela levou, desde a quenda de penaltis, o triunfo neste torneo de carácter benéfico e cuxa recadación foi parar a mans de ASPANEPS

There are no reactions yet. Be the first!

O seu maior acerto na quenda de penaltis deulle ao CD Tondela o triunfo no Memorial Moncho Rivera–Torneo Victoria, que onte disputamos na Malata fronte ao conxunto portugués. O partido concluíu o tempo regulamentario con empate a dous goles, despois de que o Racing se adiantase en dúas ocasións con tantos de David Carballo e Azael García. O CD Tondela logrou a igualada na recta final do encontro, o que obrigou a decidir o campión do torneo desde os once metros.

O resultado, con todo, tiña un papel secundario, pois o principal motor do torneo, que alcanzaba a súa vixésimo sexta edición, era o seu carácter benéfico, xa que a recadación total foi destinada á agrupación ASPANEPS (Asociación de Pais e Nais de Nenos e Nenas con Problemas Psicosociais), que traballa nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal).

Nesta ocasión, o Memorial Moncho Rivera doou a esta institución unha recaudación récord para o evento, que ascendeu a 42.906 €, grazas á colaboración dos afeccionados que acudiron ao campo e ás importantes doazóns achegadas por particulares e empresas.

O propio Ignacio Rivera, presidente da Corporación Hijos de Rivera, fixo entrega a Elena Rodríguez, presidenta de ASPANEPS, do cheque acreditativo desta doazón. Rivera xunto coa Concelleira de Benestar, política social e inclusión do Concello de Ferrol, Rosa Martínez, presidiron a entrega de trofeos.