O mozo ghanés realizou boa parte da tempada baixo as órdenes de Javi Vázquez
David Osei (Accra, Ghana, 2004) formará parte do proxecto racinguista esta tempada. Despois de varias semanas traballando co equipo ás órdenes de Javi Vázquez, a dirección técnica e deportiva viron nel condicións e proxección para que se incorpore ao club departamental e continúe o seu desenvolvemento deportivo nas filas da UD Somozas.
O extremo ghanés, de 21 anos, adestrarase con ambas formacións, en función das decisións tomadas polos corpos técnicos.
Osei destaca pola súa velocidade, capacidade de desborde e fortaleza no un contra un, cualidades que lle permiten desenvolverse principalmente pola banda, aínda que tamén pode actuar en posicións máis centradas.
Formado en España desde unha idade temperá, pasou por La Moraleja antes de incorporarse á estrutura do CD Leganés, onde completou a súa formación. Co filial pepineiro disputou a pasada tempada 15 partidos en Terceira Federación, 14 deles como titular, e anotou cinco goles.
Durante a súa traxectoria tamén tivo unha experiencia no fútbol da República Checa, onde se incorporou ao SK Artis Brno en xaneiro de 2026 despois de saír cedido polo Leganés.
Coa incorporación de David Osei, o Racing suma á súa estrutura un futbolista novo, con capacidade de desequilibrio e marxe de crecemento, que terá un novo escenario para continuar a súa progresión e acumular experiencia en categoría sénior.
Benvido ao Racing, David!