Skip to main content
O Diabliño Verde volve a casa

Nin meigas nin trasnos. O responsable das trasnadas que sufriron os nosos xogadores nos últimos días xa foi identificado. Trátase dun vello coñecido da familia racinguista. Un membro díscolo e descarado que regresou disposto a sementar o caos… e a diversión na Malata.

Tras anos afastado da vida pública, sucumbiu ás demandas do racinguismo, que levaba tempo reclamando o seu regreso. Xa podemos confirmalo. É unha realidade:

¡¡¡O DIAÑIÑO VERDE ESTÁ DE VOLTA!!!

E con el non só recuperamos unha mascota. Recuperamos unha das figuras máis queridas da historia recente do club. Alguén que encarna como poucos o espírito deste equipo.

O Diañiño Verde é aguerrido. É combativo. É incansable… Pero tamén nobre, próximo e divertido. E está desexando volver a atoparse cos seus.

Este sábado, ante Unionistas de Salamanca, temos unha cita con el. Ven darlle a benvida que merece e acode con tempo á Malata: o Diañiño será protagonista antes do comezo do partido.

¡Canto te botamos de menos! 💚