Skip to main content
Primer Equipo

Contaxe atrás para o inicio da pretempada

A preparación comezará o 16 de xullo e xa hai confirmados varios partidos de pretempada.

There are no reactions yet. Be the first!

Á espera da confirmación oficial de que a liga na 1ª RFEF comezará o último fin de semana de agosto, o noso club xa marcou en vermello a data na que o primeiro equipo arrincará a pretempada. O mércores 16 de xullo é o día sinalado para que este novo proxecto comece a andar, cunha sesión no campo de A Gándara. Previamente, reserváronse dúas xornadas, o luns e martes, para realizar os controis médicos e probas físicas aos xogadores.

A partir de aí, o adestrador Pablo López terá seis semanas e media para pór a punto ao equipo antes do debut na competición. Desde a dirección de fútbol confían en que, para cando comece o período de rodaxe, poidan contar xa cun número substancial de xogadores que axilice o engranaxe de todas as pezas.

Para iso, celebraranse varios partidos de preparación, algúns dos cales xa están oficialmente pechados. Así, a estreia sobre o céspede do novo Racing terá lugar o día 26 de xullo, no campo de San Pedro, fronte ao Villalonga FC. A partir de aí, polo momento temos confirmadas outras tres contendas, fronte ao Real Madrid Castilla, Real Sporting e Galicia de Mugardos. Estas catro contendas serán parte dunha programación de pretempada que, en principio, se completará con outros tres encontros.

Villalonga FC-Racing Club Ferrol | Sábado 26 de xullo | 20.00 horas |  Campo de San Pedro (Vilalonga)

Real Madrid Castilla-Racing Club Ferrol | Sábado 2 de agosto | 19.00 horas | Cantarrana (Viveiro)

Real Sporting-Racing Club Ferrol | Sábado 9 de agosto | 19.00 horas | Pepe Barrera (Ribadeo)

Bergantiños-Racing Club Ferrol | Mércores 13 de agosto | 19.00 horas | A Pedreira (Mugardos)