Skip to main content
Primer Equipo

Comeza o traballo!

A Gándara acolle mañá a primeira sesión de traballo desta pretempada.

There are no reactions yet. Be the first!

A plantilla do Racing Club Ferrol vestirase mañá de curto para afrontar a primeira sesión desta pretempada. Un adestramento a porta pechada, programado para as 10.00 horas no campo de A Gándara, no que Pablo López contará coa presenza de Aitor Gelardo, David Carballo, Álex Zalaya, Antón Escobar, Pascu, Jairo Noriega, César Fernández, Álvaro Juan e Miquel Parera, nove dos doce futbolistas do primeiro equipo, á espera de que o día 21 cheguen Migue Leal, Ander Gorostidi e Álvaro Ramón. Xunto con eles, tamén estarán os xuvenís Rubén Piñón, Joel Tenreiro, Joel Ferreira e Antón Álvarez. O quinto, Daniel González, comezará a adestrarse o venres.

Será a primeira das dúas citas que afronten na xornada de mañá, pois pola tarde o grupo reunirase de novo, neste caso no ximnasio de A Malata, para continuar coa súa posta a punto. Unha planificación que se repetirá o xoves.

Para o venres e sábado están previstas outras dúas novas sesións matutinas no campo de A Gándara.