Catro xogadores do Racing, convocados polas seleccións galegas sub-14 e sub-16
O seleccionador autonómico sub 14 citou a Xabi Robles e Hugo Carballó, mentres que na sub-16 os representantes racinguistas serán Hugo Cabezón e Diego Cabana
There are no reactions yet. Be the first!
Catro futbolistas da nosa canteira participan esta tarde nas sesións de adestramento organizadas polas seleccións galegas sub-14 e sub-16, dentro da súa preparación para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Na categoría sub-14, o seleccionador autonómico convocou a Xabi Robles e Hugo Carballó, mentres que na sub-16 os representantes racinguistas serán Hugo Cabezón e Diego Cabana.
Ambos combinados realizarán o seu adestramento no Novo Campo do Doce, en A Escravitude (Padrón), onde disputarán encontros de preparación ante o xuvenil do CD Conxo e o cadete de División de Honra da SD Compostela, respectivamente.
Estas convocatorias supoñen un novo recoñecemento ao traballo que se realiza na Canteira Verde e reflicten o crecemento e a proxección dos mozos futbolistas do Racing Club Ferrol.