Bola de partido
O Racing, obrigado a gañar na visita do CD Eldense
Semana de paixón e sábado de sufrimento para o racinguismo en A Malata. A visita do CD Eldense supón o primeiro dos puntos de partido reais aos que nos enfrontamos esta tempada. Todo o que non sexa gañar podería acarrear de forma matemática o descenso de categoría, en función dos resultados que acaden os nosos rivais directos na zona baixa da clasificación. Un deles, precisamente, é o conxunto que mañá, ás 14:00 horas, visita o noso feudo. O equipo que dirixe José Luis Oltra aférrase ás súas opcións para escapar das catro últimas posicións e, para iso, gañar aquí, en Ferrol, é case unha obrigación.
Un duelo de urxencia entre os que se aferran á permanencia e os que loitamos por romper a nosa mala racha, a nosa seca goleadora e reencontrarnos coa nosa mellor versión. Un panorama que sabemos nada alentador, pero do que sempre encontraremos consolo no alento do racinguismo.
Alejandro Menéndez conta para a contenda coas baixas de Róber Correa e Luis Perea, todavía renqueantes das súas dolencias. A priori, si estará Josep Señé, a pesar de que o xogador catalán tivo que retirarse do adestramento do xoves por precaución, tras sufrir unhas molestias musculares.
Víctor García, sancionado, e os lesionados Diego Méndez e Javi Llabrés serán baixas no Deportivo Eldense para esta confrontación.
CONVOCATORIA: Bernad, Naim, Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Heber, Jauregi, Señé, Nacho Sánchez, Insúa, Yoel Rodríguez, Gelardo, David Castro, Fran Manzanara, Dorrío, Brais Martínez, Manu Vallejo, Álvaro Giménez, Raúl Blanco, Aitor Buñuel, Eric Cabaco e Jesús Ruiz.