BeOne renova o seu compromiso co Racing Club Ferrol
A empresa de servizos deportivos seguirá a exercer como patrocinador do club.
O presidente do Racing Club Ferrol, Manuel Ansede, e o director de BeOne, Roberto Ramos, formalizaron esta mañá a alianza de colaboración que vinculará a ambas entidades unha tempada máis. Un compromiso sólido, que se prolonga xa desde hai varios anos e que para nós é dunha importancia capital, tal e como recordou Manuel Ansede durante o acto.
O grupo BeOne conta con 36 centros en toda España repartidos por Andalucía, Cantabria, Castela e León, Euskadi, Madrid, Comunidade Valenciana e, evidentemente, Galicia. Ademais, atópase nun proceso de expansión cara a Portugal e está a punto de abrir o seu primeiro centro na zona de Lisboa.
O grupo atesoura máis de 31 anos de experiencia nun sector no que é referencia. Neste tempo soubo asimilar as últimas tendencias en fitness, actividades dirixidas e acuáticas desenvolvidas por un equipo humano de máis de mil persoas.
BeOne ofrece servizos de asesoramento deportivo, ademais de servizos técnicos especializados e escolas deportivas, sempre nun entorno de total seguridade e guiados por técnicos titulados.