Skip to main content
Club

Asanog, protagonista do partido ante o Córdoba

Unha delegación da asociación, que axuda a nenos oncolóxicos e ás súas familias, estará presente no partido.

There are no reactions yet. Be the first!

ASANOG, Asociación de Axuda a nenos Oncolóxicos de Galicia, que leva máis de doce anos contribuíndo ao benestar dos menores oncolóxicos e ás súas familias, será a protagonista do partido patrocinado deste fin de semana ante o Córdoba CF.  
 
Unha delegación da entidade visitará mañá A Malata para vivir de primeira man os entresixos que rodean un encontro de fútbol profesional. Realizarán un tour polo estadio, coñecerán a alguns dos nosos xogadores e, ademais, varios dos seus mozos usuarios estarán entre os 22 nenos e nenas que saltarán ao terreo de xogo acompañando aos futbolistas de ambos os equipos. 

O club tamén proporcionará visibilidade a ASANOG a través de distintos soportes e plataformas como unha forma de colaborar activamente en dar a coñecer a súa actividade. Unha responsabilidade que asumimos con gusto como axente social e que o noso presidente, Manuel Ansede, encargouse de reivindicar na presentación deste partido patrocinado. No acto tamén estivo presente Fran Allo, traballador social de ASANOG.