Arrinca a campaña de abonados 2025/26
As renovacións comezarán o vindeiro luns e prolongaranse durante tres semanas. Posteriormente haberá unha fase de cambio de localidade e outra para novas altas.
Somos conscientes de que un dos maiores activos deste club sodes vós, os nosos afeccionados. Os que estades nas boas e nas malas; os que fazedes de A Malata un lugar especial; os que nunca nos deixastes sós; os que amades o fútbol, pero aínda máis ao Racing. Da igual a competición, porque se algo temos claro é que a categoría dádea vós.
Con esa idea lanzamos esta campaña de abonados para a tempada 2025/26. Un proceso que arrincará o luns 14 de xullo e que estará dividido en tres fases: Renovación, cambio de localidade e melloras e novas altas.
Esta tempada mantemos os mesmos prezos que o pasado exercicio, sendo dos máis competitivos da Primeira Federación se temos en conta que as categorías infantil, sub 20 e sub 30, notablemente bonificadas, aglutinan ao 42% da nosa masa social.
O carné de abonado dará dereito a presenciar os 19 partidos da competición regular da 1ª RFEF que se disputen en A Malata. Non así os encontros amistosos e os posibles partidos de Copa do Rei ou fase de ascenso.
Ademais, o club resérvase o dereito a fixar un máximo de dous encontros designados como "Día do Club", nos que os abonados deberán pagar unha entrada, cuxo importe será sempre inferior ao fixado para o público en xeral.
Tanto a fase de renovación como a de novas altas desenvolveranse de forma presencial e online, mentres que a de cambios de localidade realizarase só nas oficinas de A Malata.
Para poder acceder a un cambio de asento, é imprescindible que o abonado teña renovado con anterioridade.
Como novidade esta tempada, no caso de que a campaña de abonados se peche nalgún momento porque se completou o aforo dispoñible en A Malata, excepcionalmente, a manteremos aberta para que todos os nosos abonados que teñan fillos menores de dous anos poidan darlles de alta se así o desexan.
Se non houbese asentos vacantes, asignaráselles un de baixa visibilidade con posibilidade de que, no futuro, en próximas tempadas, poidan cambiar a súa ubicación se hai outros asentos dispoñibles.
Ademais, gustaríanos dar prioridade ao abono dixital para acceder a A Malata, pois é o método máis cómodo e áxil para entrar no recinto, ademais de evitar incidencias derivadas da perda, roubo ou deterioro do carné físico.
A pasada tempada fomos pioneiros na implantación deste abono dixital, que emprega tecnoloxía NFC e QR, con notable éxito. Este ano, a súa descarga será posible de novo só a través do noso entorno dixital, ao que os nosos aficionados poden acceder desde a APP e a web do club.
Isto permítenos cualificar as nosas bases de datos, modernizar a comunicación cos nosos abonados e que se sintan máis próximos ao club. Durante todo o ano, a través deste entorno dixital, os nosos aficionados poden acceder a promocións, sorteos e información exclusiva.