Skip to main content
Primer Equipo

Ander Gorostidi di que si ao Racing

O mediocentro únese ao noso proxecto procedente do Nàstic de Tarragona.

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol chegou a un acordo con Ander Gorostidi (Donostia, 1996) para que o centrocampista donostiar se incorpore á disciplina do club de cara á tempada que arrancará de forma inminente. O futbolista, un centrocampista con gran percorrido, procede do Nàstic de Tarragona, co que disputou a pasada tempada a fase de ascenso a LaLiga Hypermotion

Formado nas categorías de base da Real Sociedad, o futbolista chegou a debutar co filial txuri-urdin na tempada 2017/18. De alí pasou, na tempada 2020/21, á AD Alcorcón, coa que militou dúas tempadas na categoría de prata antes de darlle un xiro á súa traxectoria e enrolarse nas filas do Gimnàstic de Tarragona. Gorostidi defendeu a camisola granate durante tres tempadas, sendo no último exercicio unha peza clave no bo rendemento do cadro tarraconense, co que foi autor de cinco goles. De feito, unha das súas virtudes, ademais da súa intelixencia táctica, é a súa chegada ao área e a súa capacidade de remate.

Gorostidi ten experiencia en LaLiga Hypermotion, na que disputou 43 partidos e case 3.000 minutos coa AD Alcorcón; pero, sobre todo, en Segunda B e Primeira RFEF, nas que acumula 183 partidos e 11.269 minutos.