Skip to main content
Primer Equipo

Álvaro Peña achegará a súa calidade e experiencia ao proxecto racinguista

O futbolista, procedente do FC Andorra, conta cun importante bagaxe en Segunda División e na Primeira Federación

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol chegou a un acordo con Álvaro Peña para que o mediocentro vasco vista a camiseta verde esta tempada. O futbolista, que procede do FC Andorra, co que conseguiu o ascenso a LaLiga Hypermotion o pasado exercicio, estará esta mesma mañá ás órdenes de Pablo López para a súa primeira sesión preparatoria.

Saído da canteira do Athletic Club, co que chegou a debutar na Europa League, Peña conta cunha dilatada experiencia deportiva. Acumula 246 partidos e 14.213 minutos en Segunda División, e 160 encontros, con 11.800 minutos, entre Primeira Federación e Segunda División B.

Despois de abandonar a entidade bilbaína na campaña 2013/14 rumbo ao CD Lugo, o Real Racing Club, a AD Alcorcón, o Albacete Balompié e a SD Amorebieta foron algúns dos seus destinos no fútbol español. Tras dúas campañas no Almere City, na primeira das cales conseguiu o ascenso á Eredivisie holandesa, regresou ao fútbol nacional da man do FC Andorra

Na entidade do Principado foi un dos xogadores máis destacados na última tempada, na que disputou 38 partidos de liga. Nos 2.500 minutos que estivo sobre o céspede, Álvaro Peña anotou 5 goles e foi autor de 4 asistencias.

Mediocentro polivalente e dinámico, destaca polo seu entendemento do xogo ademais dun gran golpeo de balón, o que o converte nunha ameaza dende as inmediacións da área e a balón parado.

Agora, chega ao Racing para achegar a súa calidade e experiencia a un proxecto que segue tomando forma.

¡Benvido, Álvaro!