Álvaro Giménez renova o seu compromiso co Racing Club Ferrol
Álvaro Giménez renova o seu compromiso co Racing Club Ferrol. O dianteiro seguirá vestindo de verde a vindeira tempada
O Racing Club Ferrol e Álvaro Giménez chegaron a un acordo para prolongar a súa vinculación, polo que o xogador ilicitano seguirá vestindo de verde a próxima tempada.
O dianteiro, que chegou ao Racing o pasado verán, foi a referencia ofensiva do equipo que dirixe Cristóbal Parralo no último exercicio, no que disputou 38 partidos no campionato de liga -con once goles-, e tres na Copa do Rey -con dúas dianas-. A súa achega nos máis de 2.700 minutos que estivo sobre o céspede foi determinante na boa campaña do conxunto ferrolán, non só polos seus tantos, senón polo seu traballo e capacidade para catalizar boa parte do xogo ofensivo.
Estamos moi satisfeitos de poder contar con Álvaro Giménez como un dos piares do noso proxecto nesta segunda tempada en LALIGA Hypermotion.