Skip to main content

Álex Zalaya, xogador Estrella Galicia de setembro

O futbolista maño foi elixido polos nosos afeccionados como o máis destacado do equipo neste comezo de liga.

There are no reactions yet. Be the first!

Álex Zalaya levou o primeiro dos galardóns que esta tempada entregará o noso patrocinador, Estrella Galicia, aos xogadores máis destacados do equipo en cada mes. O futbolista foi designado polos afeccionados do Racing Club Ferrol como o "Xogador Estrella Galicia de setembro", co 44,9% dos votos, por diante de Ander Gorostidi, co 29,4%, e de Miquel Parera, co 25,6%.

A solvencia e seguridade do xogador zaragozano en tarefas defensivas, así como a súa efectividade de cara á portería rival, convertérono nun dos destacados do equipo neste inicio de liga, no que anotou dous goles determinantes en accións de estratexia.

Álex Zalaya mostrouse agradecido polo apoio dos nosos seguidores, pero insistiu en que este galardón debe ser un recoñecemento ao crecemento colectivo do equipo. Respecto á súa faceta goleadora e á súa actual condición de "pichichi", apuntou que se trata dunha mera anécdota, aínda que si valorou o traballo e a preparación destas accións a balón parado. En calquera caso, recalcou que o importante non é "quen meta os goles, senón que o equipo vaia a máis cada semana".