Álex Zalaya, contundencia e criterio para o centro da defensa
O xogador, procedente do Ourense CF, convértese na primeira incorporación do club.
Se calquera edificio debe ser construído con cimentos sólidos, o Racing 25/26 comeza a tomar forma desde atrás. O central esquerdo Álex Zalaya (Zaragoza, 1998) convértese no noso primeiro fichaxe —segunda peza tras a renovación de David Carballo— para afrontar a próxima tempada.
O defensa, formado nas categorías inferiores do Real Zaragoza, chegou a formar parte da primeira plantilla do cadro maño, coa que disputou algún partido de Copa do Rei. Dende que en 2017 deixou a entidade aragonesa, defendeu os colores do filial sportinguista, a Unió Esportiva Cornellà, o Barcelona Atlètic, o Real Murcia e o CD Atlético Baleares, antes de recalar a pasada tempada no Ourense CF. No club de As Burgas coincidiu co técnico Pablo López, bo coñecedor das súas virtudes.
Zalaya acumula unha notable experiencia na terceira categoría do fútbol nacional —tanto na extinta Segunda B como na actual Primeira RFEF—, na que disputou 181 partidos e un total de 14.209 minutos. 27 deles na última tempada, na que foi un dos xogadores fixos nos plans do técnico herculino. Autor de dous goles, este defensa central destaca pola súa criterio, a súa calidade técnica na saída de balón e a súa intelixencia táctica.
Benvido, Álex, desexamos que fagas de Ferrol e o Racing a túa casa.