Álex, para o racinguismo es eterno
O futbolista ferrolán recibiu un cálido homenaxe en A Malata tras colgar as botas esta mesma semana.
Álex López, o último dos grandes xogadores que vestiu a camisola verde neste século, colgou as botas a comezos desta mesma semana e a familia racinguista ten volcado desde entón para renderlle honras. Como non podía ser doutra forma, dende o Racing Club Ferrol queriamos renderlle un merecido homenaxe na que é a súa casa: A Malata.
Acompañado dos seus fillos e muller e rodeado practicamente de todos os integrantes das categorías de base do club nas que el se forxou como futbolista, Álex López pisou o céspede do noso coliseo para recibir o agarimo dunha afección volcada co que vai ser sempre o noso "eterno capitán".
O presidente, Manuel Ansede, impúxolle a insignia de ouro do club; mentres que outro dos nosos capiténs, Fran Manzanara, entregoulle unha camisola asinada por todos os seus compañeiros e persoal do club.
Un emotivo momento que para nós non é, nin moito menos, unha despedida, conscientes de que dende xa mesmo Álex seguirá traballando desde outros departamentos do club para consolidar e fortalecer este proxecto.