Skip to main content
Primer Equipo

Aitor Gelardo padece unha leve lesión muscular

Erick Cabaco está na fase final da súa readaptación e Manzanara e Brais Martínez evolucionan favorablemente das súas doenzas

There are no reactions yet. Be the first!

Aitor Gelardo foi sometido onte a unha proba diagnóstica que revelou que padece unha leve lesión semitendinosa no isquiotibial da súa perna dereita. A dolencia non reviste gravidade e espérase que, segundo evolución, se reincorpore ao grupo nun curto espazo de tempo.

No que ao resto de xogadores lesionados se refire, Erick Cabaco está na fase final do seu proceso de readaptación. Está previsto que a próxima semana comece a traballar co resto do grupo.

Pola súa parte, tanto Brais Martínez como Fran Manzanara evolucionan favorablemente das súas doenzas musculares. Ambos enfilan a recta final da súa recuperación, ainda que no seu caso o regreso á actividade grupal dependerá da súa evolución nas próximas semanas.