Skip to main content

A Sociedad Deportiva Huesca, rival do Racing Club Ferrol na segunda eliminatoria da Copa do Rei Mapfre

There are no reactions yet. Be the first!

A Sociedad Deportiva Huesca será o rival do Racing Club Ferrol na segunda eliminatoria da Copa do Rei Mapfre, segundo revelou o sorteo celebrado esta mañá no Salón Luis Aragonés da Cidade do Fútbol de Las Rozas.

O conxunto ferrolán xa sabía que o seu opoñente procedería do bombo correspondente aos equipos da LaLiga Hypermotion e que, nesta ocasión, exercerá como local nunha eliminatoria que se disputará a partido único. Deste xeito, o encontro celebrarase no Estadio da Malata, nunha data aínda por determinar entre os días 2, 3 e 4 de decembro.