A Malata abre as súas portas ao alumnado de La Salle
Os nenos e nenas coñeceron de primeira man o traballo do equipo e achegáronse á historia e aos valores do club
O alumnado de 5º e 6º de Primaria do Colexio La Salle visitou esta mañá o estadio de A Malata e tivo a oportunidade de vivir desde dentro unha xornada diferente xunto cos integrantes do Racing Club Ferrol. Os e as estudantes presenciaron en directo a sesión de adestramento do primeiro equipo e puideron achegarse de primeira man ao día a día dun club profesional.
Durante a visita, o grupo percorreu diferentes espazos das instalacións e recibiu explicacións sobre a historia do Racing e sobre os valores que representan á entidade dentro e fóra do terreo de xogo: esforzo, compromiso, humildade, compañeirismo e sentimento de pertenza.
Este tipo de iniciativas reforzan o noso vínculo coa cidade e axudan a achegar o racinguismo ás novas xeracións que enchen as bancadas do noso estadio. Abrir as portas de A Malata aos máis pequenos forma parte do compromiso co noso entorno e coa difusión dos valores do deporte.
Desde o Racing Club Ferrol queremos agradecer a La Salle a súa visita, así como o interese e a ilusión amosados durante toda a mañá. Oxalá esta experiencia fose enriquecedora para todos eles e servise para seguir alimentando a súa paixón polo fútbol e polo Racing.