Skip to main content

A cortar a mala racha

O Racing visita o domingo pola mañá ao Bilbao Athletic en Lezama

There are no reactions yet. Be the first!

A 33.ª xornada do campionato de Liga na Primeira Federación Liga Versus E-Learning leva ao Racing ás instalacións de Lezama, nas que o domingo, a partir das 12.00 horas, medirase ao Bilbao Athletic. Un partido ao que os dous equipos chegan coa frecha descendente tras acumular tres derrotas seguidas e, no caso dos ferroláns, cinco xornadas sen coñecer o triunfo.

Por iso, a prioridade, máis aló da clasificación, de falar de obxectivos ou do futuro, é gañar e cortar a sangría dun Racing que non quere complicar máis a súa situación. Así o manifestaban na previa do encontro tanto o seu preparador, Guillermo Fernández Romo, como Chema. Ambos avogaban polo traballo duro e a concentración para recuperar a confianza e acadar esa ansiada vitoria.

Para este encontro, Guillermo Fernández Romo contará coa única baixa de Álex Zalaya. O xogador cumpre o seu ciclo de amonestacións.