Skip to main content

Ilusionante debut en "A Nosa Champions"

A xornada inaugural do torneo desenvolveuse en Ourense e tivo ao Pabellón como anfitrión

There are no reactions yet. Be the first!

O equipo de fútbol inclusivo do Racing Club Ferrol participou o pasado sábado na xornada inaugural da segunda edición do torneo “A Nosa Champións”, celebrado en Ourense e organizado pola Federación Galega de Fútbol.

O noso conxunto formou parte desta cita que reforza o compromiso do fútbol galego coa inclusión, enfrontándose nesta sesión inicial a Racing Villalbés, RC Deportivo e Vilagarcía SD.

A competición afrontará a súa segunda xornada o 9 de maio en Vilagarcía.