Skip to main content

Accións solidarias con Balrial e o Secretariado Xitano

O club, a través da fundación, desenvolveu a pasada semana iniciativas en favor de ambas entidades

There are no reactions yet. Be the first!

A través da Fundación Racing Club Ferrol, a entidade mantén unha estreita colaboración con distintos axentes sociais da comarca, brindándolles visibilidade e fomentando a súa implicación directa en diversas iniciativas.

Da man de dous destes colaboradores habituais, o Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL) e a Fundación Secretariado Xitano, o club levou a cabo a pasada semana dúas accións solidarias. A primeira delas permitiu recoller máis de 160 quilogramos de alimentos destinados a familias en situación de vulnerabilidade.

Ademais, con motivo da celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, o pasado 8 de abril, os nosos xogadores e os do Real Madrid Castilla saltaron ao terreo de xogo de A Malata portando a bandeira xitana, nun xesto de visibilidade, recoñecemento e apoio a este colectivo.