Skip to main content

A Copa do Rei lévanos a Langreo

O choque dispútase mañá ás 19.30 no Novo Ganzábal

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol afronta mañá a primeira eliminatoria da Copa do Rei MAPFRE, que o emparella coa UP Langreo nun partido que se disputará ás 19:30 horas no campo Novo Ganzábal.

Os de Pablo López debutan ante un rival de Segunda Federación, polo que exercerán de visitantes nunha eliminatoria que o técnico cualificou como “moi importante para o club e para os xogadores”.

Á marxe do prestixio deportivo do campionato, trátase dun escenario propicio para a xestión de minutos e para ver en acción a futbolistas que non están tendo tanta participación na competición ligueira.

Agás o lesionado Álex Zalaya, todos os xogadores estarán á disposición do técnico, que deberá realizar un descarte na previa do encontro.