Raúl Dacosta, máis pólvora para o noso ataque
O futbolista, que destaca pola súa polivalencia, chega traspasado desde o Barça Atlètic
O Racing Club Ferrol chegou a un acordo co Fútbol Club Barcelona para o traspaso, a coste cero, de Raúl Dacosta (Ourense, 2002). O futbolista, que se desempeña con soltura en calquera das posicións ofensivas do último terzo do campo, poñerase de forma inmediata ás órdenes de Pablo López para completar a pretempada.
Dacosta iniciouse na práctica do fútbol no CD Ourense, pasando posteriormente polas canteiras do Real Club Celta e Real Madrid. Aínda en idade xuvenil chegou ao RCD Espanyol, no cuxo filial gañou protagonismo. Despois de tres tempadas na entidade perica, recalou na SD Ponferradina. Desde alí deu o salto, a pasada campaña, ao Barça Atlètic. A pesar da súa xuventude, o futbolista ourensán conta con experiencia na categoría, pois entre Primeira Federación e Segunda División B acumula máis de 50 partidos e 3.700 minutos. Na última campaña disputou 27 encontros cun promedio de algo máis de 73 minutos por partido.
Ademais de pola súa polivalencia, Raúl Dacosta destaca tanto pola súa capacidade individual de desborde como de asociación cos seus compañeiros, así como pola súa potencia de tiro e perigo a balón parado.
¡Benvido, Raúl!.