Skip to main content
Á venda as entradas para o partido contra a SD Ponferradina

As localidades para o encontro do sábado 31 de outubro en A Malata poderán adquirirse desde hoxe, ás 12.00 horas, tanto en liña como presencialmente.

O Racing Club Ferrol pon hoxe luns á venda as entradas para o partido que disputará o próximo sábado 31 de outubro, ás 16.30 horas, ante a SD Ponferradina en A Malata, correspondente á décima xornada de Primeira Federación.

As localidades poderán adquirirse dende hoxe, ás 12.00 horas, tanto a través da plataforma de venda en liña como de forma presencial nas oficinas do estadio.

Os prezos para o público xeral serán os seguintes:

  • Fondos: 20 €
  • Preferencia: 25 €
  • Tribuna: 30 €

Afección visitante

As entradas para a bancada visitante terán un prezo de 15 euros en venda anticipada e serán xestionadas pola SD Ponferradina mediante un listado nominativo.

O venres, o Racing enviará as localidades por correo electrónico a cada comprador. No caso de que queden entradas dispoñibles, poderán adquirirse o día do partido na billeteira a un prezo de 20 euros.

Billeteiras o día do partido

As billeteiras de A Malata abrirán unha hora antes do inicio do encontro, polo que os afeccionados poderán adquirir as súas localidades tamén o sábado, antes do comezo do partido, mentres haxa entradas dispoñibles.