Os veteranos proclámanse campións do seu grupo de División de Honra
O equipo ferrolán loitará agora polo título autonómico
Tras derrotar ao Cedeira SD na última xornada da liga regular, o noso equipo de veteranos proclamouse campión do seu grupo de División de Honra. O conxunto verde completou a campaña con tres puntos de vantaxe sobre o Olímpico CF, co que mantivo un apaixonante duelo durante toda a tempada.
O Racing disputará agora, a partir de finais de mes, a fase final do Campionato Galego. Na súa primeira eliminatoria, correspondente aos oitavos de final, os ferroláns veranse as caras cun adversario aínda por determinar, que sairá dun enfrontamento previo que se celebrará esta fin de semana.
De avanzar no torneo, o Racing, como campión do seu grupo, exercerá de anfitrión en todas as eliminatorias.
Dende o club trasladámoslles a nosa noraboa pola súa ilusión e empeño durante toda a tempada.