O Racing venderá de forma presencial entradas visitantes para o derbi de Pasarón contra o Pontevedra
O club granate viuse obrigado a pechar a venda en liña para esta localidade.
There are no reactions yet. Be the first!
O Pontevedra CF informounos de que se viu obrigado a pechar a venda en liña de entradas para a bancada visitante, de cara ao partido que o domingo 3 de xaneiro disputaremos en Pasarón.
O club granate solicitou a nosa colaboración para a venda presencial das aproximadamente 600 entradas que quedaban por distribuír desa bancada.
Estas localidades poderán ser adquiridas nas oficinas da Malata os días 29 e 30 de decembro, de 10:00 a 16:30 horas; e o día 2 de xaneiro, de 10:00 a 13:30 horas.
Estas entradas serán nominativas, polo que será necesario achegar o nome e DNI das persoas que vaian facer uso delas.
O Pontevedra CF, club organizador do evento e responsable da venda de entradas, informounos de que todas as localidades vendidas na súa plataforma online son válidas. Calquera dúbida que poida xurdir respecto delas debe ser consultada co propio clubes pontevedrés.
Más noticias
Último partido como local para o Racing
"Respectarnos é respectar este partido", así falaba Guillermo Fernández Romo na previa do Racing vs Osasuna Promesas
A Área 1919 reforza a proxección institucional, empresarial e social do club
Empapámonos de racinguismo co CEIP Ledicia e o Colexio Arenales Santa Juana
Fundación