Skip to main content

Michel Alonso faise cargo de forma interina do equipo

O técnico dirixirá esta tarde o seu primeiro adestramento e sentarase o sábado no banco ante o Bilbao Athletic.

There are no reactions yet. Be the first!

Michel Alonso farase cargo do primeiro equipo do Racing Club Ferrol de forma interina, ata que se concrete a incorporación do adestrador que se poñerá á fronte do cadro verde en substitución de Pablo López.

O técnico ferrolán dirixirá esta tarde a súa primeira sesión de traballo, na que estará acompañado polo resto de integrantes que viñan desempeñando as súas funcións no corpo técnico racinguista desde principios da campaña.

Alonso tamén se sentará no banco o sábado na Malata, no partido contra o Bilbao Athletic.

O club pechará nos próximos días a contratación dun novo adestrador co que acometer o que resta de campionato ligueiro.