Skip to main content

Álvaro Mardones, ADN racinguista para reforzar a zaga

O lateral dereito chega cedido procedente do RC Deportivo de La Coruña

There are no reactions yet. Be the first!

Álvaro Mardones Esplúguez (Ferrol, 2005) xogará no Racing Club Ferrol tras chegar a un acordo co Real Club Deportivo da Coruña para a súa cesión durante esta tempada.

Álvaro comezou a súa andaina no fútbol nas categorías inferiores do Racing, vestindo a camisola verde ata a categoría infantil, momento no que puxo rumbo á  canteira do club herculino.

Na tempada 23/24, oito anos despois da súa chegada a Abegondo e destacando no Xuvenil de Manuel Pablo, comezou a traballar coa dinámica do filial branquiazul ás órdenes de Óscar Gilsanz. Durante a segunda volta da competición regular de Segunda Federación, disputou 16 partidos co Fabril, co que posteriormente asinaría dúas tempadas.

En marzo de 2025, Mardones comezou a traballar regularmente coa dinámica do primeiro equipo, chegando incluso a entrar en varias convocatorias grazas á súa constancia e progresión.

Agora regresa ao Racing co obxectivo de seguir medrando e achegar velocidade e dinamismo á defensa.

lateral dereito trae consigo as ganas de quen volve xogar na que sempre será a súa casa, nun club que leva no sangue e no que o seu pai -Íñigo Mardones- tamén militou como defensor entre o 2000 e o 2003.

¡Benvido de novo, Álvaro!