Skip to main content

Álvaro Giménez, Xogador Estrella Galicia de marzo

Sergio Tejera e Markel Artetxe estaban tamén entre os destacados do último exercicio mensual

There are no reactions yet. Be the first!

Álvaro Giménez foi elixido Xogador Estrella Galicia do mes de marzo tras gañar a votación realizada pola afección racinguista, recoñecendo así o seu destacado rendemento nas últimas xornadas de competición.

O dianteiro recibiu o 43,3 % dos votos, por diante de Sergio Tejera (28,9 %) e de Markel Artetxe, que completou a terna de candidatos cun 27,8 %.

O recoñecemento pon en valor o gran momento do atacante durante o mes de marzo, no que viviu unha etapa especialmente doce reflectida en goles en tres partidos consecutivos, ademais dunha asistencia.

Giménez agradeceu o galardón e o apoio da afección, na que confía para seguir empurrando ao equipo neste treito decisivo do campionato. O dianteiro, que suma esta tempada sete goles e dúas asistencias, asegurou ademais que o grupo está plenamente centrado na preparación do próximo partido e que a día de hoxe só pensa en gañar ao Real Madrid Castilla.