Venda de entradas para o partido do sábado en El Toralín ante a SD Ponferradina
As localidades terán un prezo de 15€
There are no reactions yet. Be the first!
O Racing Club Ferrol porá mañá á venda, a partir das 10:00 horas, as entradas que a SD Ponferradina lle asignou para a bancada visitante de cara ao partido correspondente á vixésima xornada de liga de Primeira Federación que ambos equipos disputarán o sábado ás 21:00 horas en El Toralín.
As localidades só poderán ser adquiridas de forma presencial nas oficinas da Malata do martes ao xoves, de 10:00 a 16:30 horas; e o venres, de 10:00 a 13:00 horas. O prezo destas será de 15 €.
Estas entradas serán nominativas, polo que será necesario achegar o nome e DNI das persoas que vaian facer uso delas.