Venda de entradas para o partido do domingo na Malata ante o Zamora CF
There are no reactions yet. Be the first!
A partir das 14.00 horas de hoxe, poñeranse á venda as entradas para o partido da Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que o domingo 16 de novembro, a partir das 18.45 horas, disputaremos en A Malata ante o Zamora CF.
As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas de A Malata, como en liña.
Os prezos son os seguintes
- Tribuna: 25 €
- Preferencia: 20 €
- Fondo Norte e grada visitante: 15 €
Horarios
- Venda en liña: Neste enlace
- Venda física: De luns a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas; domingo, nas billeteiras de A Malata situadas na grada de Preferencia desde unha hora antes.