Sorteo para a compra de entradas para o Real Avilés-Racing do 21 de decembro
There are no reactions yet. Be the first!
O Real Avilés Industrial puxo á nosa disposición 200 entradas para a bancada visitante, de cara ao partido que o sábado 21 de decembro disputaremos no Estadio Román Suárez Puerta. Tras outorgar unha porcentaxe ás nosas peñas e colectivos oficiais de afeccionados, o Racing porá á venda 80 entradas entre aqueles abonados que resultasen gañadores dun sorteo previo.
Tanto as entradas como o sorteo están reservados en exclusiva para abonados do club.
Inscrición no sorteo:
- Datas: Do luns 15 de decembro ás 10.00 ao martes 16 ás 14.00 horas.
- Modalidade:
- En liña: A través do formulario dispoñible na nosa web
- Presencial: Nas oficinas de A Malata, o luns de 10:00 a 16:30 horas e o martes de 10.00 a 14.00 horas.
- Aberto só a abonados do club
- Cada gañador terá dereito a adquirir un máximo de dúas entradas: unha deberá estar ao seu nome e a outra ao nome de outro abonado.
- As entradas non poderán ser cedidas a terceiros.
Sorteo:
O sorteo realizarase o martes 16 ás 15.00 horas.
Compra de entradas:
- As entradas poranse á venda SÓ de forma presencial o mércores de 10:00 a 17.00 horas.
- O pago poderá realizarse en efectivo, con tarxeta ou por transferencia bancaria.
- O prezo das entradas é de 15€.
- Os abonados que resultasen agraciados no sorteo, pero non fagan efectiva a compra antes do mércores ás 16.30 horas, perderán todos os dereitos adquiridos.
IMPORTANTE: As entradas que non fosen compradas polos gañadores do sorteo poranse á venda só para abonados, ata esgotar existencias, o xoves, de 10.00 a 17.00 horas, e o venres, de 10.00 a 12.00 horas.