Trátase da segunda fichaxe do clube para a vindeira tempada
O Racing Club Ferrol e Roberto Arroyo (Valladolid, 2003) chegaron a un acordo para a incorporación do dianteiro ao conxunto verde de cara á tempada 26/27. O atacante vallisoletano chega procedente do CA Osasuna B para reforzar a liña ofensiva do equipo.
Roberto Arroyo Gregorio é un dianteiro que destaca pola súa velocidade, a súa capacidade de desborde e a súa ameaza constante ao espazo. Trátase dun xogador vertical e con boa mobilidade na liña de ataque, que pode actuar en distintas posicións ofensivas, achegando profundidade e dinamismo nos últimos metros.
Formado na canteira do Real Valladolid, foi medrando nas categorías inferiores do club pucelano ata consolidarse no seu filial, o Real Valladolid Promesas, onde deu o salto ao fútbol sénior e acumulou un importante número de partidos tanto en Primeira como en Segunda Federación.
Esta progresión permitiulle debutar co primeiro equipo do Real Valladolid en LaLiga EA Sports, na tempada 22/23, compaxinando esa experiencia coa súa presenza no filial. Posteriormente, defendeu a camiseta da UD Ibiza en Primeira Federación, onde continuou sumando minutos nunha competición esixente antes de incorporarse ao CA Osasuna B.
A pesar da súa xuventude, acumula xa 133 partidos en Primeira Federación e algo máis de 6.800 minutos en catro tempadas, nas que anotou 13 goles, catro deles o ano pasado co filial rojillo.
Con esta incorporación, sumamos ao equipo un xogador novo, con experiencia no fútbol profesional e márxe de crecemento, chamado a achegar enerxía, velocidade e profundidade ao ataque do conxunto verde.
¡Benvido a Ferrol, Roberto!