PARTE MÉDICO | Chema Rodríguez sofre unha subluxación na clavícula
O futbolista perderase o partido de mañá en Pamplona
O futbolista perderase o partido de mañá en Pamplona
As probas médicas ás que foi sometido Chema Rodríguez, tras o golpe no ombreiro que sufriu o mércores no Memorial Moncho Rivera e que o obrigou a retirarse do terreo de xogo, revelaron que sofre unha subluxación na clavícula dereita.
Aínda que o futbolista ten a articulación inmobilizada, xa se está sometendo a tratamento de recuperación. O tempo estimado para a súa reincorporación ao traballo co grupo dependerá da súa evolución.