PARTE MÉDICO | Álex Zalaya sofre unha lesión muscular
O futbolista ten afectado o bíceps da súa coxa dereita
There are no reactions yet. Be the first!
As probas diagnósticas ás que foi sometido Álex Zalaya para determinar o alcance da doenza que o obrigou a retirarse do campo no último partido de liga determinaron que o xogador sofre unha rotura fibrilar no bíceps femoral da súa coxa dereita.
O futbolista someterase a tratamento de rehabilitación para, en función da súa evolución, poder reincorporarse ao grupo.